O talento feminino galego, sempre presente

A Xunta de Galicia está a poñer en marcha unha iniciativa pioneira para coñecer e conectar as traxectorias, os fitos e as experiencias profesionais de mulleres inspiradoras que traballan en Galicia e cuxas voces precisan ter espazo e visibilidade.

Cada día na nosa comunidade celébranse congresos, fanse entrevistas, escríbense artigos especializados, organízanse mesas redondas de especialistas e, en definitiva, dáselles voz a persoas con moito que achegar sobre a súa experiencia profesional. Este proxecto busca impulsar e incrementar a presenza femenina nestes foros, fomentando así a igualdade.

Tanto se resides na cidade como se o fas no no rural, se te adicas á ciencia ou á cultura, se traballas nunha gran empresa ou no comercio local, se es empresaria ou autónoma: o único requisito imprescindible é contar cunha historia profesional de referencia.

Se cres que es unha delas, se te animas a poñer voz á túa experiencia e queres contribuír a que as publicacións e os foros públicos sexan máis igualitarios; se desexas que as empresas, institucións ou medios de comunicación se poidan poñer en contacto de forma directa contigo para achegarte a súa proposta… animámosche a estar presente nesta iniciativa!

Cobre aquí os teus datos e únete!

Moi pronto, máis información

Os campos marcado con asterisco (*) son obrigatorios

(non será publicado, só para comunicarnos nós contigo)
Anos de experiencia
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Este formulario forma parte dunha iniciativa da Xunta de Galicia -  Consellería de Política Social e Igualdade, para dar visibilidade ás mulleres profesionais e expertas da nosa comunidade para facilitar a súa participación en mesas redondas, xornadas, medios de comunicación e outros espazos públicos.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento:

Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Igualdade.

Finalidades do tratamento

Xestionar a túa alta nunha plataforma de mulleres profesionais e expertas para facilitar a súa visibilidade e participación en mesas redondas, xornadas, medios de comunicación e outros espazos públicos.

Lexitimación para o tratamento:

Cumprimento dunha misión realizada en interese público (Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia).

Destinatarios dos datos

Os datos persoais facilitados, agás os datos de contacto (teléfono, correo electrónico) serán publicados a través da referida plataforma web de procura de mulleres profesionais e expertas.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

Contacto delegado de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais